|
|
|
Obxectivo Global:
Ten como finalidade o aproveitamento como materia prima destinada á elaboración de pensos utilizados en acuicultura dun "subproducto" (cefalotórax do cangrexo vermello) de orixe mariña froito da manipulación de buques de pesca conxeladores cunha tonelaxe, suxeita a controles da FAO, que suporía un recurso sostible no tempo. Isto representaría, ademais, unha rendibilidade adicional para as empresas armadoras adicadas á explotación desta especie. Cómpre distinguir dúas vertentes: por un lado, a valoración química de certos compostos presentes neste subproducto de gran importancia nutricional e que marcarían o prezo do mesmo; por outro, en función dos datos analíticos obtidos, a elaboración dun estudio correspondente á utilización deste subproducto na formulación de dietas para distintas especies acuícolas cultivadas.
Obxectivos Concretos:
Avaliación analítica de nutrientes (proteínas e aminoácidos proteinoxénicos, lípidos, ácidos graxos saturados, mono e poliinsaturados, vitaminas, cinzas e elementos minerais de interese, especialmente calcio e fósforo, carotenoides e quitina) do cefalotórax do Cangrexo Vermello.
- Revisión en profundidade do estado actual do coñecemento en relación co tema de estudio
- Posta a punto de métodos analíticos e validación dos mesmos en mostras de cangrexo.
a) Extracción e/ou separación, tendo en conta a natureza das mostras faise un estudio das técnicas de extracción mais adecuadas para cada un dos parámetros a analizar.
b) Purificación e concentración. Realizaranse naqueles casos en que sexa necesario.
c) Análises. Unha vez extraídos os compoñentes establécense os eluyentes, columnas cromatográficas e sistemas de detección mais idóneos para a correcta separación e cuantificación de cada un dos compoñentes. (Estudio da precisión, recuperación, límite de detección, liñalidade).
- Os parámetros a avaliar serán os seguintes:
* Contido en auga.
* Determinación do contido en proteínas, así como os aminoácidos proteinoxénicos, unidades estructurais das proteínas, determinantes da calidade das mesmas, mediante HPLC tras unha derivatización previa da mostra.
* Estudio de lípidos: Determinación do contido total, Determinación de ácidos graxos saturados e insaturados (w3 y w6) mediante GC.
* Avaliación do contido en cinzas, así como os elementos maioritarios de maior interese nutricional, calcio e fósforo
* Identificación de carotenoides establecendo o contido de aqueles que posúen actividade provitamina A.
* Identificación e cuantificación de quitina e quitosano.
Unha vez elixido o método mais idóneo efectuarase a análise das mostras por duplicado. As mostras a analizar serán como mínimo:
* 30 mostras de cangrexo. Todas as mostras analizaranse por duplicado
* Repetición do proceso anterior durante os dous anos seguintes para establecer posibles fluctuacións na composición.(60 mostras).
- Interpretación e valoración dos resultados obtidos. Elaboración da memoria final do proxecto.
- Elaboración dun estudio teórico de dietas para peixes nas que, en base aos datos analíticos obtidos, poderían incorporarse como materia prima determinados porcentaxes de cefalotórax de cangrexo vermello.
|