O termo subproducto da pesca  aplicado coloquialmente a todas aquelas partes da morfoloxía dos animais mariños non aproveitables directamente na elaboración de alimentos destinados ao consumo humano é sen dúbida un termo intrinsecamente despectivo e erróneo. Hoxe en día fálase da necesidade imperiosa de aproveitar e rendibilizar o que xeran ditos subproductos: centos de toneladas de vísceras, cabezas e outras partes anatómicas obtidas da manipulación a bordo de distintas especies comerciais e que son rexeitadas e tiradas ao mar. Segundo Kristinsson  et al. 2000, o 29,5% da producción pesqueira destínase a fariñas e, do resto, o 50% convértese en desperdicios.

Se ben non todos estes "subproductos" poden ser aproveitados en alimentación humana, o certo é que encerran propiedades sumamente aproveitables para outros sectores como poidan ser o cosmético, o farmacéutico e o da alimentación animal, mais en concreto, o da acuicultura. Nesta liña, existen precedentes de Proxectos de I+D, financiados pola Xunta de Galicia ou o Plan Nacional de Investigación que fomentan claramente unha tendencia: a revalorización dos subproductos da pesca e o aproveitamento integral desta actividade.

La pesca comercial do cangrexo vermello, tamén denominado real ou das neves (Chionoecetes opilio: Brachyura: Majidae) iniciouse no ano 1966 e posteriormente foi estendéndose conforme se atopaban novos stocks; dende o ano 95 as capturas anuais mantéñense en torno ás 14.000 Tm. Curiosamente, a única parte do animal que se aproveita e comercializa, con destino final no mercado xaponés,  son as patas, mentres que o resto da súa anatomía (é dicir, o cefalotórax) se desaproveita totalmente. Isto quere dicir que, de confirmarse a través deste Proxecto, habería unha dispoñibilidade  en torno ás 5.000-6.000 Tm potencialmente aproveitable como fonte de materia prima valiosa destinada á elaboración de pensos en acuicultura.

A dificultade do aproveitamento destes subproductos, radica  en moitos casos en aspectos tales como a  carencia de tecnoloxía adecuada ou a ocupación da capacidade de almacenamento frigorífico do buque; problemas que non se dan  no caso do Cangrexo Vermello, por capturarse preto da costa e poder almacenarse  unha vez chegado a porto.

Por tratarse dun crustáceo, o valor nutritivo do Cangrexo Vermello é presumiblemente elevado. Proporciona proteínas de orixe animal, e polo tanto aminoácidos esenciais. No  que respecta á composición lipídica, os ácidos graxos poliinsaturados son mais abundantes en crustáceos, pertencen ás series linolénicas (n-3), mentres que os das series n-6 preséntanse a unha concentración mais baixa. De xeito xeneral considérase que os ácidos graxos das series n-3, permiten un grao maior de insaturación (requisito indispensable para unha maior fluidez de membranas, flexibilidade e permeabilidade a temperaturas baixas).

Os minerais, especialmente calcio e fósforo son compoñentes esenciais do cartílago e do exoesqueleto de crustáceos.

Con relación ás vitaminas son de especial interese as que teñen actividade antioxidante, E, A, e provitamina A (carotenoides).

Os pigmentos carotenoides como a astaxantina dan o característico color vermello-laranxa aos crustáceos mariños (Meyer, 1994). Moitos peixes como  salmóns e troitas non poden sintetizar a astaxantina e só a obteñen a través das súas fontes de alimento. Cando son criados en granxas acuícolas, a pigmentación na carne é nula debido á falla do pigmento.

A astaxantina; ademais, pode ser obtida por unha fonte natural: a levadura Phaffia rhodozyma. O prezo da astaxantina pode estar entre $2000 e $4000 dólares por Kilogramo. Hoxe en día en Galicia, a maioría utiliza colorantes sintéticos importados, o que representa un importante incremento dos custos de producción.

A quitina e o quitosano son materiais orgánicos que no medio salgado son producidos fundamentalmente por crustáceos halo-planctónicos (copépodos, cladecera, euphasiaceae) e por especies mariñas peláxicas e bénticas (incluíndo crustáceos, hidrozoos e briozoos). As aplicacións da quitina e quitosano son moi amplas, existindo sectores nos que a súa utilización é habitual e coñecida, e outros nos que constitúe actualmente unha interesante vía de investigación: tratamento de augas, aditivos alimentarios, envolturas e recubrimentos protectores de alimentos, alimentos nutraceúticos, tamén medicina, biotecnoloxía, agricultura, cosmética, industria papeleira, tecnoloxía de membranas e industria téxtill.